Friday 03 de May de 2024

Arte e mar únense na Pobra coa realización dunha escultura promovida por Ambar


A Pobra do Caramiñal é unha das localidades seleccionadas pola Asociación Ambar para o desenvolvemento do proxecto Mar Diverso, un festival de arte inclusiva e patrimonio costeiro, contando coa disposición do Concello pobrense.

Ao abeiro desta iniciativa, neste 15 de xuño iniciouse na praza do Emigrante a realización dunha escultura a cargo do artista Óscar Aldonza quen conta coa colaboración de compoñentes da referida entidade: o escultor Jontxu Argibay, membro da área de artesanía, e un grupo de persoas que está medrando como artistas neste espazo como é o caso de Santiago Fernández, María Otero, Fran Romero, Óscar Pérez, Sonia Piñeiro e Julio Piñeiro.

A execución desta peza colaborativa proseguirá nos mércores das dúas vindeiras semanas e a súa inauguración está prevista para o mes de xullo.